Agustín Requera, alcalde do Concello de Soutomaior, que ratificou o rexeite dunha nova autovía polo concello, postura acordada polos tres grupos políticos do goberno local.
Asociacións das zonas de Pontesampaio, Soutomaior e Redondela, afectadas pola dobre autovía A-57, que une Pontevedra co Alto do Confurco, e da proposta de Fomento para a Conexión da A-57 con Peinador, mantiveron o luns 22 de setembro novos encontros con representantes políticos e das administracións públicas. Pola maña o encontro foi con Agustín Requera, alcalde do Concello de Soutomaior, que ratificou o rexeite dunha nova autovía polo concello, postura acordada polos tres grupos políticos do goberno local. Neste senso fixeron alegacións ó Plan Vigo Integra. Xa pola tarde produciuse o encontro co Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta xuntanza explicaron as interpelación e preguntas que presentaron no Parlamento e no Congreso ó respecto e manifestaron rexeite á denominada Alternativa 5 como solución á conexión co aeroporto de Peinador.
Nos vindeiros días proseguirase coa rolda de reunións, esperando poder ser recibidos pola Conselleira ou a Delegada Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, igual que outros colectivos afectados polo Plan Vigo Integra promovido desde a susodita consellería.
Visto: 510