Provocará a construcom de urbanizacións como segundas residencias, recalificacións de terreos para infraestructuras turísticas, e todo tipo de proxectos especulativos que soem ir asociados a este tipo de Planos.
O colectivo veciñal Bouzas-móvete ven de presentar, no rexistro da Xunta de Galiza, 26 alegacións contra o Plano Vigo Íntegra, porque o consideramos innecesario, insustentabel e moi perxudicial ambiental e socialmente. Este Plano, aparte dos impactos ambientais que provocaría: paisaxisticos, contaminación acustica, contaminaçción por gases de efeito invernadoiro... e sociais: expropiacións, división de parroquias e vilas, efeito barreira... Vai provocar unha brutal dispersión da cidade, xa que ao acortar os tempos de desplazamento, muita xente vai-se ir a vivir mais lonxe da cidade, criando necesidades de desplazamentos que agora non existen, polo que en pouco tempo estas infraestructuras se saturaran e verase necesario a consturción de outras novas, e asi indefinidamente até que se den conta que o asfalto non se come. Alen diso provocará a construcom de urbanizacións como segundas residencias, recalificacións de terreos para infraestructuras turísticas, e todo tipo de proxectos especulativos que soem ir asociados a este tipo de Planos.
Para integrar Vigo coa sua contorna haveria que invertir nun transporte público cómodo rápido, eficaz, puntual e barato como hai en outros paises europeos. Parece mentira que a admisnistración en vez de loitar contra o cambio climático que se nos ven enriba, se adique a promocionar o veiculo privado como único modo de transporte, e a realizar todo tipo de infraestructuras para ese fin.
Visto: 538