|
Como entusiasta da Vila, invito aos participantes nesta web, e moi especialmente aos mozos, a emprender esta aventura con espírito de sa emulación, e a incrementar con ela non só a súa experiencia como veciños e amigos, senón tamén a que aporten o seu coñecemento e a sincera amizade entre todos nos, que é a mellor equipaxe co que podemos entrar nun novo Siglo XXI.
Aquel recanto dos milagres e o Mar é hoxe a nosa identidade, e a vella Plaza de Vila Fano, deu orixe á o Caion moderno. Ese foi o principio da vila que axiña leva o adxectivo de "Porta da Costa da Morte", en relación coa cornisa galega.
Este nacemento vai dar lugar a unha serie de celebracións, entre as que sen dúbida ocupará un lugar destacado a nosa web e na que están invitadas a participar as persoas larachesas, de toda Galicia e simpatizantes de todo o Mundo.
Caion, vila á que non chegou unha revolución industrial propiamente dita, e baseou o seu desenrolo especializándose como parte dunha ampla comarca agrícola de autoconsumo, deixando as labores do Mar. Xa no século XX, se propiciou unha expansión natural da cidade, o populoso barrio da Insua. Nembargantes, Caion non foi quen de impedir o crecemento desordeado do urbanismo.
Hoxendía, Caion aborda con esperanza unha nova etapa de cambio: A chegada da expansión "forzada" nun horizonte duns cinco anos dará á Vila a oportunidade de convertirse no motor económico da Laracha costeira. Centos de turistas entrarán en Caion, e a primeira parada será, a chamada Atalaya ou Campo da Costa.
O noso reto é acadadar que a maior porcentaxe posible destes turistas quede na Vila, e para elo contamos cunha das maiores ofertas turísticas naturales sen explotar da Costa da Morte.
Ademáis, compre engadir unha atractiva oferta de playas na cidade, actividades náuticas, ubicadas no contorno marítimo, e con amplos proxectos de expansión, circunstancia que pechará un ciclo histórico nesta antiga Vila de A Laracha: farán de Caion unha das vilas máis singulares do turismo galego, a nosa particular porta de entrada a Costa da Morte. A porta do paraíso.
Presidete/a
Florinda Casás Casal
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
|